
Nesta novela-crónica de Ánxela Gracián (Castroverde-Lugo, 1968) presentasenos con todo detalle o carnaval de Laza. Como se trata dunha festa tradicional de moito colorido e diversión, optou por mostrarnos unhas ilustracións moi realistas axeitadas ao texto. Tomando como inspiración o carnaval de Laza e a figura dos peliqueiros, tan coñecidos e admirados, describenos comovive este pobo ourensán esta festa tradicional e ao mesmo tempo a vida, vestimenta, actividade... dos peliqueiros, e mesmo como son considerados pola conciencia popular, sendo eles a alma mater da celebración. No relato, Alberto, o protagonista, reivindica e defende o seu dereito a dedicarse á farándula, á diversión, á fantasía e á sabedoría popular, despois de herdar por convicción os saberes da súa avoa. Dáselle tamén importancia á transmisión dos costumes que van pasando de xeración en xeración e fan que a cultura dun pobo siga viva tanto no día a día coma na mente das persoas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario