11/04/2009

Fedorenta, unha meiga porcallenta


A mítica meiga Pongwiffy vese transformada na meiga Fedorenta de Paula Pintos Ureta, que achega por vez primeira aos nenos galegos a historia creada Kaye Umansky, onde unha meiga pouco amiga da limpeza vive porta con porta cos trasnos e, cansa de aturar as súas cantadelas e axudada por unha meiga amiga súa, muda de fogar non sen moitas vicisitudes. A profesora Lourdes Lorenzo da Universidade de Vigo axúdanos nun pequeno estudo a comprender o proceso de reelaboración e adaptación cultural existente nesta tradución (en realidade, en calquera tradución) e ser conscientes do calado traballo dos tradutores na mobilidade das obras e ideas, nas interrelacións entre culturas e no diálogo pola paz entre os individuos e pobos. En definitiva, unha obra ideal tanto para os nenos, que desfrutarán coas aventuras da meiga porcallenta e descarada pero de bo corazón, e para os maiores, que lle entregarán aos seus nenos un anaco de risos e aprendizaxe, sen contar cun interesante estudo para comprendermonos mellor a orixe e vida desta obra (de todas as obras) que temos nas mans.

No hay comentarios:

Publicar un comentario