2/24/2010

Rosalía, vixente 125 anos despois:::


No aniversario do seu nacemento, sucédense os actos de homenaxe por todo o país. Os escritores en lingua galega lerán manifestos nas principais cidades.

Poucas figuras concitan a mesma unanimidade que Rosalía de Castro. No día en que se cumpren 173 anos do seu nacemento e no ano en que sumaremos 125 anos da súa ausencia, a escritora, poeta fundadora da literatura galega contemporánea e primeira feminista da nación galega, recibirá sentidas homenaxes por todo o país. O seu compromiso, aínda vixente hoxe, é reivindicado esta semana nos colexios, nos centros culturais e nas prazas públicas dunha Galiza que a lembra con orgullo e que a reivindica como referente.

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) realizará este mércores unha lectura simultánea en varias cidades do país.
Le máis en VIEIROS

No hay comentarios:

Publicar un comentario