10/21/2009

O SOL DO VERÁN:::


Os recordos de Helena son subscitados polo suicidio de Carlos, evocando os veráns compartidos na infancia mentres indaga nos motivos desa acción brutal e sorprendente constitúen o argumento desta obra. É unha historia de amor e morte, ao tempo que un canto melancólico á beleza, á xuventude, a plenitude da vida e a memoria. Novela póstuma do acreditado escritor galego Carlos Casares, coeditada por Editorial Galaxia e a Fundación Caixa Galicia, pouco despois do seu falecemento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario