
O lapis do carpinteiro é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega ós nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles a mirada escrutadora dun home que non tiña medo, Herbal, o garda da cadea da Falcona que verá restaurada a súa condición de ser humano por obra e gracia de tantas formas de amor como o lapis do carpinteiro lle foi ensinando a debuxar. O lapis do carpinteiro é testemuño dunha traxedia curativa, unha metáfora de tódalas guerras, unha loita contra o esquecemento que demostra o poder salvífico do amor. Esta excepcional novela ficará no lector gravada coma un engrama, coma o sulco dunha cicatriz que rescata o mellor da nosa memoria.
O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas é a novela galega contemporánea máis apoiada polos lectores. Publicada en 1998, dende entón, conta con dezanove edicións e case setenta mil exemplares vendidos en lingua galega, ademais de constituír a obra máis traducida da literatura galega (ata agora a dezaseis linguas) e ser adaptada ao cine por Antón Reixa e ao teatro polo grupo Sarabela. Esta nova edición, dentro da colección “Xerais. Os libros do XXV aniversario”, ilustrada polo pintor Xosé Luís de Dios e correxida e actualizada definitivamente polo autor, constitúe polas súas características e acabamentos un acontecemento na edición en lingua galega. O lapis do carpinteiro é unha historia de amor, melancolía e liberdade, en tempo de guerra e posguerra, que chega aos nosos días. Un grande amor entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia de ambiente reaccionario, e o médico republicano Daniel Da Barca, posuidor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles a mirada escrutadora dun home que non tiña medo, Herbal, o garda da cadea da Falcona que verá restaurada a súa condición de ser humano por obra e graza de tantas formas de amor como o lapis do carpinteiro lle foi ensinando a debuxar. Unha novela que constitúe o testemuño dunha traxedia curativa, unha metáfora de todas as guerras, unha loita contra o esquecemento que demostra o poder salvífico do amor. Unha novela excepcional que coa presente edición ilustrada ficará no lector gravada como un engrama, coma o sulco dunha cicatriz que rescata o mellor da nosa memoria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario