10/13/2009

Maldito D.N.I.!


Olimpio Montes, aos seus 50 anos, e logo de facer un estudio "cronolóxico" da súa familia, chega á conclusión de que vai morrer aos 80 anos. Quere vivir feliz os anos que lle restan, e cavila que só unha cousa llo pode impedir: o D.N.I. Decide, por iso, facerse pasar oficialmente por morto para vivir tranquilo, falsificando un certificado de defunción. A muller acepta seguirlle o xogo, rexentando o negocio familiar, aínda que el ben se encarga de asustar a un cliente que lles debía varios millóns, que entón pagou a débeda Unha multa de tráfico por non ir documentado, e o empeño do policía, ridiculizado por multar a un morto, son a causa de que, cando pretende cobrar a herdanza multimillonaria dun parente emigrado, acabe internado nun psiquiátrico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario