
Nicolau Arís recorda, mentres na praia vai abrindo o día, as palabras dela ("As persoas estamos feitas para levar adiante os proxectos máis fermosos"). Pero xa non está. E conta logo do día que marchou da casa sen avisar (ten 17 anos) para facer un traballo: levar a Madrid un quilo de "chocolate". Logo de horas facendo autostop sorprendeuse cando lle parou unha muller, que ademais písalle ao coche. Comezan así unha longa viaxe xuntos chea de prexuízos que o paso das horas vai desmontando. Pechado en si mesmo, cavila na moza, Natalia, implicada inxustamente nun roubo no supermercado, á que axudou pero aínda así sospeita que lle puxo os cornos cun amigo. Segundo avanza o camiño, a conversa coa muller é máis franca e o desafogo máis doado. Sabemos entón que a súa mai é unha bébeda que se puxo mal dos nervios desque morreu unha filla na praia mentres o pai, embarcado, desentendeuse do drama familiar. A comunicación chega ata a súa confesión entre bágoas de que o busca a garda civil e o seu amor por Natalia. Paran varias veces: nunha feira, no mosteiro de San Cibrán, que garda unha fermosa historia de amor medieval... ata que chegan á meta.Na despedida, ela regaloulle un bolígrafo para que escribise a súa novela-desafogo que se podería titular "Anagnórise". A decrepitude do piso de destino e os amigos acabouno levando ao hotel da muller: morrera vindo de Granada, onde a agardaba a filla, deixando unha carta para el. Era Xulia Andrade, escritora,... No cemiterio apareceu Natalia. Era a súa filla. Bicouna e choraron xuntos coa música de fondo do David Bowie daquela viaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario