Ainhoa, Cris, Fran, María e Miguel son cinco universitarios que viven nun piso da rúa Casa Reais na Cidade Vella compostelá e que están a piques de rematar a carreira, excepto o último ao que lle resta un curso. As diferencias canto á madurez, expectativas ou extraversións non impiden un ambiente de franca camaradería e arelas revolucionarias ás que se lle albisca o remate. Este final vén ser o trasunto da transición da adolescencia á vida adulta, con todos os medos e incertezas que acarrexa.
Como se amosa na obra, non todos serán quen de facer realidade as ilusións creadas e haberá quen acade o éxito persoal, quen fique só co profesional ou quen encalle nunha morna mediocridade. A pesar da boa relación entre o grupo, quedan ocultos, gracias a silencios cómplices ou á falta de perspicacia dalgún dos protagonistas, paixóns sentimentais soterradas ou sexualidades heterodoxas que non se é capaz de sacar á superficie. En conxunto, a novela representa unha viaxe ao "modus vivendi" dos estudiantes de Santiago e a un período vital imposible de esquecer pero que non ha voltar. No texto reflíctense os temas que máis preocupan aos mozos como as dificultades de acadar a estabilidade afectiva, os problemas da vivenda, do traballo ou a incerteza do futuro.

No hay comentarios:
Publicar un comentario