5/21/2010

Ruta Currosiana:::

O vindeiro martes 25 de maio o alumnado de 1º de Bacharelato realizaremos unha saída didáctica coa finalidade de coñecermos un pouquiño máis a figura dun literato insigne nas letras galegas do Século XIX: MANUEL CURROS ENRÍQUEZ

Obxectivo: Descubrirmos paisaxes, lugares, paraxes e elementos singulares do entorno próximo da vila de Celanova relacionados coa súa obra poética.

Quen é el? O noso poeta nace en Celanova o 15 de setembro do ano 1851, na Rúa do Gobernador n0 37, hoxe Rúa de Manuel Curros Enríquez, onde está a actualmente A Casa dos poetas. Da súa existencia en Celanova quedan as vivencias dos seus primeiros catorce anos, antes de fuxir a Madrid á casa dun irmán. Deste tempiño levará no fondo da súa alma, o cariño pola nai, a acedume por un pai imposible, a lingua do pobo labrego, os paseos co mestre Rebullo polo garimoso Val do Sorga, os soños e fabulacións dun neno que co tempo chegaría a ser o máis grande poeta civil de Galicia; nese lugar intermedio elixido por Rosendo da cabalo do ermo das poulas da Chaira do Leboreiro, e as veigas feraces e mimosas do río Arnoia, ó seu paso pola Terra de Celanova, camiño da Raia.

Como vai ser o roteiro? Trátase dunha rota circular: Celanova-Celanova cun percorrido de 8,1 Km. A duración aproximada da camiñata é de entre 3 a 3,5 horas.
Aínda que hai indicadores en todas as desviacións nos puntos sinalados no mapa o roteiro faise en grupo polo que ninguén ten que temer por desorientarse.
Accesibilidade O percorrido débese facer con roupa axeitada. En caso de chover moito, esta ruta tamén se pode facer ós anaquiños se for necesario.

o tempo; pódelo consultar na páxina web de METEOGALICIA, en principio esta é a súa predicción:
"Nos comezos da vindeira semana, estaremos baixo a influencia dunha borrasca que se situará ao suroeste da Península, polo que as probabilidades de chuvia serán altas. As temperaturas descenderán para quedar en valores propios da época do ano."
Por todo isto, considérate avisado-a de que hai que ir con roupa axeitada ás condicións metereolóxicas
Xantar? será tipo PIC-NIC polo que o deberás levar da casa. Enlaces de interese:
calendario
folleto
páxina web da FUNDACIÓN CURROS ENRÍQUEZ

No hay comentarios:

Publicar un comentario