1/27/2010

Un tipo listo:::


Un autor de moraña gaña o premio MANUEL GARCÍA BARROS.
Espirse. Un tipo listo non é unha novela autobiográfica. É evidente. E en cambio, algúns lectores que me coñecen percibiron nela moito de min. O máis curioso é que algún lector que non me coñece persoalmente chegou a dicirme algo similar, que na novela se notaba o toque autobiográfico. Que mo dixesen a propósito das dúas anteriores ata certo punto entraba dentro do normal. Que mo dixesen desta, non tanto. Pero despois de oír repetida a afirmación empecei a pensar que se cadara non andaban moi descamiñados, malia a miña inconsciencia inicial. Si. Porque no fondo, todo canto escribo sae de min, e sen eu sabelo é tamén a proxección de todo o bo e o malo que hai en min. Para alguén que sempre foi unha persoa tímida e un tanto reservada, constatar tal cousa é un exercicio de expiación, unha especie de catarse. Supoño que hai outra forma de escribir, fría e documentada, na que o autor ou autora non pon de si máis ca o oficio. Cada vez son máis consciente de que me está vedada. O cal implica forzosamente dúas consecuencias: que cada libro que publique será sempre unha prenda que me deixa un pouco máis espido ante os lectores, e que o número de libros que escriba é para min tan necesario coma limitado.

1 comentario: