
Robert E. Howard é o autor desta novela de terror e misterio traducida por Pablo Amado Fuentes. Pequeno libro, de tan só 200 páxinas. Se o pides nunha librería o seu ISBN é "978-84-935638-7-5" e custaráche 12,95€(prezo marcado pola editorial na súa páxina web)
Trátase dunha escolma na que se recollen catro dos máis importantes relatos de terror sobrenatural de Robert E. Howard: A pedra negra, Os vermes da terra, O lume de Asshurbanipal e Os fillos da noite.
Cunha fonda pegada lovecraftiana, Howard trata temáticas como os deuses primixenios, os cultos perdidos, a memoria racial, os medos que subxacen na psique do ser humano etc., todo cun maxistral estilo narrativo áxil e efectivo que non deixa indiferente a ningún lector.
No hay comentarios:
Publicar un comentario