
Lectura:
A novela de Roland Limacher métenos no mundo limitado e previsible que rodea a Xil, un rapaz de catorce anos: os seus pais, o instituto, os compañeiros de clase, os profesores, en resumo, o aborrecemento dunha vida pechada a todo o que supoña incerteza, inseguridade e aventura. Ata que topa con Franz, un mozo coma el pero que vive dentro dun Cadillac nun cemiterio de coches, e mais cun mecánico vello que a xente considera algo tolo pero que en realidade só é un marxinado. A partir deste encontro a vida de Xil non volve se-la mesma, de ter que aturar unha chea de cousas que lle veñen impostas pasa a compartir un anaco de liberdade co seu novo amigo Franz; agora todo perde importancia ante o labor de reconstruí-lo vello Cadillac, e así xorden problemas coas autoridades, unha fuxida...
Chatarra dispón todo o seu material narrativo en torno a iso que se adoita chamar “malas compañías” pero que nun momento da nosa vida son as únicas compañías válidas, as únicas que nos poden axudar a ser nós mesmos, a que a vida sexa menos algo preestablecido e máis algo que ten valor precisamente por esa indeterminación que deixa un oco á liberdade.
Temas:
A personalidade e mailo mundo imaxinativo e emocional dos rapaces; sobre todo a súa posición fronte a unha sociedade pechada a todo o que é diferente. A percepción do mundo e os seus valores, entre eles a amizade, como posibilidades abertas. O dereito a escoller. A ansia de liberdade.
Xénero:
Novela. Trátase dunha narrativa que rompe co que vén sendo a literatura xuvenil convencional para dar paso a unha nova sinceridade expresiva.
DATOS TÉCNICOS: CHATARRA de ROLAND LIMACHER, EDITORIAL SOTELO BLANCO, ANO 1997, traducido por Xesús Lama Prezo: 7,40 Euros
No hay comentarios:
Publicar un comentario