11/25/2009

os libros non entenden de desigualdades:::

...na biblioteca de VERÍN:
A Biblioteca da Igualdade e da vida: O vindeiro sábado 28 de novembro, de 11.30 a 13 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá a actividade ‘A Biblioteca da Igualdade e da Vida’, co obxectivo de concienciar aos/ás nenos/as da importancia da igualdade e contra a violencia de xénero. Contacontos, manualidades ou xogos serán algunhas das actuacións programadas para esta actividade, destinada a vinte nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 8 anos -empadroados no municipio de Verín- e enmarcada dentro do programa de apertura de centros educativos fóra do horario lectivo e da Semana a prol da Igualdade, organizada por Femuro (Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense) e o Centro de Información ás Mulleres do Concello de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.


...nas rúas de VERÍN:

O Centro de Información ás Mulleres do Concello de Verín e a Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro) promoven, para o próximo sábado 28 de novembro, unha ‘Marcha en Contra da Violencia de Xénero’. A saída da mesma terá lugar ás 16 horas da praza do Concello, e os asistentes dirixiranse ata a subida do Pozo do Demo, San Antón, Fonte do Sapo e retorno á praza do Concello. Esta actividade está enmarcada dentro da Semana en prol da Igualdade e contra a Violencia de Xénero, na que tamén se programaron outras actuacións como a exposición fotográfica ‘Fiestras: Visibilizando a muller rural galega’, o ciclo literario ‘A muller na historia e na literatura’ ou a proxección de curtametraxes ‘Ollando dende a igualdade’, entre outras.



...move ficha contra a violencia de xénero:
Con motivo da celebración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, a Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro) e o Centro de Información ás Mulleres do Concello de Verín organizan mañá 25 de novembro, a partir das 20 horas, un percorrido silencioso desde a praza do Concello ata a García Barbón, onde se realizarán actividades reivindicativas que finalizarán coa lectura dun manifesto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario