10/22/2009

Un nicho para Marylin:::


Un nicho para Marilyn é unha novela negra escrita por Miguel Anxo Fernández publicada en xaneiro de 2003.
É a primeira entrega das aventuras do detective de orixe galega afincado en Los Angeles Frank Soutelo.
Frank Soutelo recibe o encargo dunha señora maior, ex-actriz de segunda fila, de atopar o cadáver de Marilyn Monroe, dado que o seu nicho está baleiro.
O detective indaga no camposanto máis famoso de Los Angeles, cheo de restos de famosos de Hollywood. Alí contacta con Tabasco, un policía de orixe mexicana adscrito a unha brigada especial. Dita brigada encárgase de loitar contra o contrabando de cadáveres, algo común entre necrófilos e entre xente pudente que desexa ter os restos dos seus seres adorados.
O libro está narrado en primeira persoa, pero con moitas chiscadelas ó lector. Porén, en certas ocasións trátase dun narrador omnisciente, que coñece os sentimentos e situacións que non coñece o detective, narrador principal. Malia todo, recoñece que para a narración, non escrita de modo voluntario, senón que foi requirida por unha editorial, foi axudado por varios "negros"·
Ó ser a primeira aventura da saga, ocupa certo tempo en presentarse. Fala da súa orixe e do seu pasado, así como de como coñeceu á súa secretaria e de relación entre eles.
O detective coñece moi ben a cidade californiana polos seus tempos de policía, pero tamén coñece bos restaurantes rexentados por galegos. Axudado pola súa secretaria Pat, desenvólvese ben en diferentes ambientes, utilizando diferentes vehículos e traxes segundo a situación o requira.
Ademais de moitas referencias cinematográficas, tamén hai homenaxes á cultura galega, como na gastronomía ou na música.

No hay comentarios:

Publicar un comentario