Galicia será en 2010 a capital mundial da literatura infantil e xuvenil coa celebración do 32ª congreso do IBBY e a apertura do Centro Internacional para a Diversidade Cultural.O 2010 será un ano crucial para a literatura galega. Á súa declaración como Ano do Libro e a Lectura e á conmemoración do Ano Xacobeo, súmase a organización en Santiago de Compostela do 32º Congreso Internacional do IBBY, que terá como lema “A forza das minorías”. A celebración do evento máis importante da literatura infantil e xuvenil coincidirá coa apertura o ano vindeiro dun novo centro internacional IBBY, dedicado á diversidade cultural. O centro terá como sede permanente a Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura.
Podes continuar a lectura desta nova na web: http://www.prazadasletras.org/lectura/reportaxes/reportaxe/718/a-forza-das-minorias-sentirase-en-compostela
No hay comentarios:
Publicar un comentario